Fiadeiras rompendo a Fenda Dixital de Xénero

Coa posta en marcha dun Blog destas características o grupo de traballo Fiadeiras “quere tecer redes de igualdade e destecer a desigualdade”; quere reivindicar o papel das mulleres no ciberespacio, conseguir unha maior visibilidade na rede e denunciar e romper, dunha vez por todas, a fenda dixital de xénero, da que se serve o patriarcado para continuar reforzando a desigualdade entre mulleres e homes no acceso, intensidade e uso das TICS.

* Mulleres traballando co primeiro computador electrónico, chamado ENIAC
(electronic numerical integrator and calculator), fabricado no ano 1946.

Seguen a ser as mesmas relacións de poder desiguais, de sempre, os estereotipos e as prácticas sociais machistas as que están a obstaculizar a nosa total incorporación á sociedade da información, favorecendo, deste modo, desigualdades no acceso (alfabetización dixital), como usuarias da rede, e desigualdades nos usos, como creadoras de contidos e de tecnoloxía, evitando ter un papel activo dentro das redes.

* O persoal encargado do seu mantemento estaba composto solo por mulleres. As mulleres de ENIAC, foron as que desenvolveron os primeiros programas de software do primeiro computador electrónico. A mediados dos cuarenta do século pasado elas eran as únicas programadoras de computadoras de propósito xeral do mundo. E convertéronse nas mestras da primeira xeración de programadoras/es dixitais.
Fonte: http://ochobitshacenunbyte.blogspot.com.es

Segundo os estudios realizados polo Observatorio e-igualdad do Instituto de la Mujer, na actualidade no estado español existe unha fenda próxima aos 10 puntos no que se refire ao acceso a internet entre mulleres e homes; fenda que aumenta cando falamos de aplicacións e de usos avanzados da tecnoloxía.

Así, nos falan de 3 niveis de fendas dixitais de xénero:

.- A fenda de xénero que aínda persiste no acceso ás TICS. Respecto a internet, o nivel de acceso das mulleres é un 9,2% menos que a dos homes.

.- A fenda de xénero que fai referencia á menor intensidade da incorporación de mulleres a internet de forma regular. As mulleres se conectan un 10% con menos frecuencia que os homes. Destacando, ademais que a fenda aumenta canto máis técnicas e complexas sexan as tarefas.

.- A fenda de xénero en aplicacións avanzadas. Por exemplo en móbiles con conexión a Internet as mulleres os utilizan 50% menos que os homes e noutros usos avanzados como a TV, a radio e o teléfono por Internet a diferencia é dun 25%.

Fonte: http://www.e-igualdad.net/observatorio-igualdad

Desde Fiadeiras queremos reivindicar que a Educación social debe incorporarse ao ciberespacio e adoptar as TICS como novas ferramentas de traballo, ferramentas de formación das educadoras e educadores sociais e por suposto, ferramentas metodolóxicas que temos que utilizar nas nosas intervencións sociais diarias.

Temos a obriga de utilizar as TICS como ferramentas de expresión; para poder transmitir e concienciar ao resto do mundo, da importancia da nosa profesión, da importancia da EDUCACIÓN, da EDUCACIÓN SOCIAL, da COEDUCACIÓN e doutros piares básicos para nós como son o FEMINISMO, a LIBERDADE, o PACIFISMO, o ECOFEMNISMO, a IGUALDADE

Desde aquí animamos a todas as mulleres a ser creadoras activas doutros blogs ou doutras webs onde se reivindique o Feminismo e desde o que loitemos de forma conxunta contra os medios de comunicación e información patriarcais e machistas.

E deixámosvos co exemplo de Augusta Ada Byron King (Ada Lovelace), 1815- 1852,

que, por se alguén non a coñece aínda, realizou estudos científicos, matemáticas e ciencia e é a creadora da programación informática, a primeira programadora da Historia.

Para saber máis: http://www.laflecha.net/perfiles/tecnologia/ada_lovelace