Que pensades do libro MACHISMOS DE MICRO NADA? (actividade de feedback)

Aproveitando que xa moitas de vós tendes nas vosas mans a publicación MACHISMOS DE MICRO NADA, dende Fiadeiras pensamos que este pode ser un bo momento para que nos fagades chegar as vosas OPINIÓNS, ACHEGAS, CRÍTICAS, MELLORAS sobre o libro.

Gústavos a idea?

Entre outras moitas cuestións, gustaríanos que nos comentarades, por exemplo:

  • O que máis e o que menos vos gusta do libro. Textos ou fragmentos que vos suscitan maior reflexión, etc.
  • Se estades a usar a publicación nos vosos traballos como educadoras sociais ou se desempeñades outras profesións. Onde? Como?
  • Se pensades que podería ser interesante ter este recurso no voso Concello, biblioteca municipal, no voso traballo…Onde?

Podedes escribir as vosas achegas como comentario no propio blogue ou mandalas ao noso enderezo fiadeiras@gmail.com.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

2016, PRESENTACIÓNS MACHISMOS DE MICRO NADA

Durante este ano 2016, as Fiadeiras imos estar de xira por Galiza para poder presentar e que poida chega a todo o mundo o libro “Machismos de micro nada”.

A continuación, amosamos as datas e lugares onde nos poderedes atopar durante os meses de xaneiro e febreiro:

  • Sábado, 19 de marzo, en Vilalba, ás 20,00 horas.
  • Xoves, 17 de marzo, Programa A Revista da TVG ás 12,00 horas.
  • Xoves, 10 de marzo, dentro dos actos do Día Internacional das mulleres do CIM de Arteixo, ás 19,30 horas.
  • Martes, 8 de marzo, dentro dos actos do Día Internacional das Mulleres do Concello de Ferrol, ás 19 horas.
  • Venres, 26 de febreiro, na libraría PAZ de Pontevedra, ás 20,00 horas.
  • Mércores, 10 de febreiro, no CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS de Vigo ás 19,00 horas.
  • Sábado 23 de xaneiro, libraría BIBLOS en Lugo, ás 19,00 horas. http://www.labiblos.com/

imagen post lugo

  • Xoves, 28 de xaneiro, as Fiadeiras estaremos presentando o libro nas Xornadas de Educación 2016: Respondendo a retos, Educación para o cambio que organiza a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, USC, ás 19,00 horas. http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/sde.html
  • Sábado, 30 de xaneiro, no LICEO de Ourense, ás 19,00 horas.

cartel ourense

Vémosvos en calquera destes lugares!!!

 

MACHISMOS: DE MICRO NADA

As Fiadeiras andamos argallando algo… proximamente teremos no Ceesg unha publicación ben interesante.

12144788_938470529560583_207061460046721605_n

Dende vai tempo, as Fiadeiras viñamos reflexionando sobre a necesidade de levar adiante unha acción para denunciar o machismo que na vida cotiá continua afectándonos como mulleres. A idea que nos movía, era recoller experiencias en relación ás formas sutís en que se presenta o patriarcado.

O libro MACHISMOS: DE MICRO NADA, publicarase aproximadamente a finais do mes de novembro de 2015, a través da editorial Embora. Trátase do resultado dun proxecto de denuncia e visibilización de violencia contra as mulleres e nenas que acontece no cotiá, sen que apenas a percibamos.

Se queredes recibir máis información, contacta con nós a través do mail fiadeiras@gmail.com ou consulta o dossier que axuntamos a continuación:

Dossier_machismos de micro nada