CICLO DE DOCUMENTAIS E EDUCACIÓN SOCIAL

cartel ciclo de documentais e-DOC.SOCIAL é o título que, dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza, eliximos para nomear unha nova edición do ciclo de cinema do Ceesg. Este ano cunha proposta de documentais variados, seleccionados polos diferentes grupos de traballo do colexio. Unha actividade que se distribúe ao longo da xeografía galega e que terá lugar en localidades como Narón, Santiago de Compostela e A Coruña.

12141699_898029293610471_7917113769069752207_nNeste caso, as Fiadeiras, participamos no Ciclo presentando o pasado 15 de outubro, dúas curtametraxes: “Salma cuenta” e “Álbum familiar”, na Casa da Fariña en A Coruña.

No posterior debate abordamos temas relacionados coas migracións e os feminismos.

Agradecer ás numerosas persoas que nos acompañaron, especialmente ao alumnado e profesorado de Integración social do CIFP Ánxel Casal de A Coruña.

12108970_938467836227519_3665831322603524794_n

12119122_938467839560852_576210962792901307_n12088384_938467896227513_4193053766561130836_n

 

CICLO DE CINE E EDUCACIÓN SOCIAL 2014

10413294_692251330854936_7121488302800783125_nEste ano, os diferentes Grupos de Traballo que formamos parte do Ceesg, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, poñemos en marcha, de forma conxunta, un Ciclo de Cine, que ten como finalidade debater e reflexionar sobre diversos temas sociais relacionados coas nosas intervencións profesionais.

Por que unha actividade de Cine? imagecine

  • Porque hai películas que che abren pensamentos e que che dan un novo horizonte de vida.
  • Porque hai palabras, xestos e silencios nas películas que necesitamos rescatar unha e outra vez en momentos de vida e ademais, compartilos con outros e falar diso.
  • Porque  ten algo lúdico.
  • Porque o cine é un xeito importante e común de facer política do simbólico desde os tempos de mais  remotos.
  • E finalmente porque nos gusta o cine.

image_galleryPor que facer un cinefórum?

A metodoloxía de traballo, que vamos a utilizar en cada unha das proxeccións, supón algo máis que escoller unha boa película e comentala xunto a outras, outros, xa que tras iso está o desexo e tamén a necesidade de intercambiar pensamentos, opinións sobre os diversos temas que imos ver reflectidos nas personaxes desta coidadosa lista de películas que disfrutaremos ao longo dos meses de outubro e novembro de 2014.

Cada grupo seleccionou coidadosamente cada película, porque pensamos que estimulan a creación do simbólico dentro de cada ámbito de traballo. Nesta ocasión, nós, o grupo Fiadeiras coordina a proxección da película ANTONIA’S LINE.

Esta é a súa ficha técnica:

ANPAÍS: Países Baixos
ANO: 1995
DIRECCIÓN: Marleen Gorris
XÉNERO: Comedia.

Non recomendada a menores de 13 anos.

SINOPSE

Nunha tranquila granxa da campiña holandesa, a nonaxenaria Antonia repasa a súa vida. Tranquilamente deitada na súa cama, fai memoria ata o día, pouco despois da Segunda Guerra Mundial, en que votou ao pobo no que naceu. A partir de aí, lembra a súa vida durante os cincuenta anos seguintes, así como a da súa filla e neta. Un día tras outro, o comportamento independente, e algo excéntrico (cara á sociedade na que viven) de Antonia e a súa familia, e en especial a súa loita a prol dos seus dereitos, mestúrase coa vida cotiá do pobo en que viven. A vella granxa convértese en fogar de personaxes moi variadas nas que o resentimento inicial se converte en tolerancia e, posteriormente, en amor.

A proxección realizarase o vindeiro xoves, 16 de outubro, en As Torres de Santa Cruz, Oleiros, ás 20 horas.

Colabora a Concellería de Cultura e Normalización lingüística do Concello de Oleiros.

* Descarga o folleto coas datas, localidades, e filmes de proxección: folletoceesgciclo-1

395947_135855113199491_681275739_n

Agradecementos II Ciclo de Cine feminista Fiadeiras

O pasado mércores, rematamos o II Ciclo de Cine e… realmente desde Fiadeiras pensamos que foi espectacular poder compartir con todas as persoas participantes estes tempos e espazos de feminismos.

GRAZAS A TODXS, pola vosa presencia, polas vosas palabras, pensamentos, visións, compromisos, experiencias compartidas, afectos, vontades, sobre todo pola vosa aposta polo achegamento ao feminismo e polo achegamento a sororidade entre mulleres. Porque sen todxs nos, algo así non podería ser posible.

Durante as tres sesións de cine foi un pracer poder levar o ciclo a un espazo tan comprometido co feminismo en Galicia como é a Libreria Lila, por iso, moitas grazas Patricia, pola túa axuda, apoio e colaboración neste II Ciclo.

Celebramos 1 ano de Lila from lila de lilith on Vimeo.

Tamén un pracer escoitar a Pilar Mingote con ese discurso tan cheo de emoción, denuncia e verdade. Unha muller entrañable e das que merecen ser recoñecidas xunto coas “Mulleres Intramuros”.

Te transladamos os nosos agradecementos por participar no ciclo de cine e compartir connosco a túa experiencia, tan valiosa e comprometida. Parabéns e grazas polo traballo que estades a facer visibilizando as realidades das mulleres nas prisións.

Máis información en : http://chicass10.blogspot.com.es/p/nosotras-intramuros.html

A todas as Fiadeiras nos gustaría que as persoas que estiveches nas diferentes sesións nos enviárades os vosos comentarios sobre as mesmas.

Solo nos queda dicir, a polo III Ciclo de Cine Feminista Fiadeiras o ano que ven!!!

2ª proxección no II Ciclo de Cine Feminista Fiadeiras

O vindeiro mércores ás 20.00 horas compartiremos unha nova proxección e o posterior debate e reflexión. Esta segunda sesión terá lugar no local do Ceesg, rúa Lisboa nº 20, en Santiago de Compostela.

A proposta deste mércores 17 de outubro xira arredor da temática: mulleres e saúde. O motivo desta selección é o compromiso coa visibilización das preocupacións polas desigualdades no eido da saúde e como repercute no benestar feminino.

A curtametraxe que imos proxectar é INDEFINIDA PLURAL (2010). Onde tres mulleres cuestionan e superan a través da Fibromialxia, roles de xénero e o que se esperaba delas. Reflexión da relación social, histórica e cultural das mulleres coa saúde, a dor, a culpa, as renuncias, os cuidados…

Agardámosvos no Ceesg ás 20 horas!