IV Aniversario de Fiadeiras

 

TRIVIAL 3As Fiadeiras cumprimos 4 anos, de andaina e fiando redes feministas. Seguindo con esta idea, o pasado 17 de setembro no Bar As Dúas, de Compostela, fixemos unha quedada para xogar ao Trivial Feminista que tan gustosamente mercamos no seu día ao Observatorio da Mariña pola Igualdade.

A idea era xuntarnos e, a través do xogo, intercambiar aprendizaxes para seguir creando sinerxias.

Foron cincos os equipos formados -Ángela Davis (azul), Gift Jones (rosa), República Malva (verde), Alfonsina Storni (laranxa) e Fiadeiras (amarelo)- e moitas as aprendizaxes colectivas.TRIVIAL 2

O equipo vencedor foi o República Malva e o premio un vale pola nosa próxima publicación MACHISMOS: DE MICRO NADA.

Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a festexar o noso aniversario ao redor dunha partida de trivial.

 

Fiadeiras… 3 anos de andainas

as fiadeiras no 2º aniversarioNo noso 2º aniversario, as Fiadeiras organizamos un fermoso acto co que pretendíamos comezar a compartir e tecer redes que permitiran mellorar o traballo en igualdade que hai séculos iniciaron outras compañeiras dende o feminismo. Non queríamos facelo soas, pois pensamos que esta tarefa, a tarefa de cambiar o mundo parece máis posible e real se estamos xuntas. Por este motivo, preparamos un encontro na Casa Museo Emilia Pardo Bazán de A Coruña onde presentabamos o documental “O liño, arte e cultura” e compartíamos conversas Feministas coas compañeiras da Asociación de Mulleres Rurais de Insua (Vilalba).

Insua2

insua4

Ese día, 3 de outubro de 2013, quedou marcado para sempre, para nós, como un exemplo de que a sororidade entre as mulleres pode cambiar o mundo, e as Fiadeiras como educadoras sociais queremos seguir a traballar para conseguilo.

Moito foi o que aprendimos destas mulleres feitas a si mesmas, que nos transmitiron con rotundidade e dozura todo o seu saber arredor do liño e os seus traballos, contribuíndo así, a construír a historia das mulleres labregas.insua6Tanto nos marcou esta actividade, que este mesmo ano decidimos por unanimidade volver a conmemorar o aniversario de Fiadeiras compartindo o noso tempo coas mulleres rurais de Insua; por iso nos desprazamos ata alí: ata o seu Concello, ata a súa parroquia, ata o seu lugar, ata o seu local…ata as súas vidas. Pois é no próximo e no cotiá onde podemos recoñecernos como mulleres e entre mulleres, creando redes de loita feminista.

insua5Coa nosa chegada a Insua abriuse ante o grupo unha realidade, a das mulleres rurais, que non sempre temos presente nas nosas accións urbanitas. Alí compartimos e tecemos lazos de sororidade, conversamos, comemos, rimos, emocionámonos e aprendemos, aprendemos moito destas mulleres sabias e cheas de experiencias e historias de vida, ás que sempre temos que valorar no noso camiño cara o cambio.

insua7Nesa tarde lúdica, puidemos testar a importancia do compromiso cunha idea, a de dedicarse un tempo propio, un tempo para as mulleres; o cal é unha realidade varias tardes á semana a pesares da falta de apoio que en moitas ocasións as acompaña.
77013_299031183548549_1607496285_n