As Fiadeiras no Parlamento de Galicia

Son moitos os camiños que levamos percorridos nos últimos catro anos de andanza das Fiadeiras, e sobre todo o traballo e o esforzo que levamos facendo estes últimos meses para visibilizar a necesidade de incorporar os feminismos nas nosas vidas, na nosa profesión, a Educación Social.

Nun destes rueiros percorridos atopámonos no mes de marzo, concretamente o día 2, mesmo no Parlamento de Galicia, convidadas pola Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres para aportar o noso punto de vista sobre as leis vixentes a nivel estatal e galego en materia de Violencia machista.

Aquí vos deixamos coa nosa intervención, así como co texto que remitimos posteriormente ao Parlamento.

Vídeo:

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/2016/05/17/as-fiadeiras-no-…mento-de-galicia/

Informe:

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/2016/05/17/as-fiadeiras-no-…mento-de-galicia/

 

 

 

 

 

PROTOCOLO DE COMUNICACIÓN NON SEXISTA

As Fiadeiras unímonos a moitos dos manifestos que, o 8 de marzo, se van ler nas rúas e nas prazas de moitos lugares do noso país, especialmente, unímonos á marcha que terá lugar en Compostela e a caravana feminista da MMM que hoxe mesmo comeza en Turquía e que remata en Portugal o 17 de outubro.

Como din moitas das nosas compañeiras “o 8 de marzo non é un día, senón toda unha vida”; as Fiadeiras queremos presentarvos un Protocolo de Comunicación non sexista, para que todxs xs profesionais que traballamos no social podamos incorporalo ao noso traballo diario.

procotolo-comunicacion-non-sexista

Loitando xuntas

Loitando xuntas. Quizabeis sexa esta unha boa maneira de definir o que aconteceu o pasado 11 de marzo nas rúas Compostelanas. Moitas mulleres loitando xuntas (tamén algúns homes) e alzando a voz contra o clima xeral de recortes sociopolíticos que afectan de maneira directa aos nosos dereitos máis fundamentais.

A “marea violeta” foi avanzando dende a estación de tren ata a céntrica praza da Quintana deixando ao seu paso unha chea de berros, música e moitas verdades. Cantamos contra os poderes patriarcais que se establecen na orde política, na orde xurídica e tamén, como non podía ser doutro xeito, tivemos un recordatorio para nosa benquerida Conferencia Episcopal. Porque todos son a cara da mesma moeda, todos intentan limitar o exercicio efectivo da cidadanía feminina, cada quen dende as súas posicións.

O feminismo galego precisa coordinarse para loitar contra os ataques machistas que están a vir enriba nosa, as mulleres temos que saír á rúa e defender os nosos dereitos porque non somos cidadás de segunda. E temos que facelo xuntas, hoxe máis ca nunca, precisamos dunha cidadanía forte, activa e feminista que responda ante o atropelo constante e o sen sentido PoPular.

As Fiadeiras estivemos na Quintana, e seguiremos estando en tódolos espazos, foros e/ou lugares onde haxa mulleres e homes con ganas de traballar por un mundo diferente, porque verdadeiramente é posible.

Recordando as verbas de Charlotte Bunch (activista feminista e fundadora de Center for Women’s Global Leadership),

“o estado actual do mundo esixe que as mulleres se tornen menos modestas e soñen, planeen, actúen, arrisquen en maior escala”.

Como dicía a canción… FEMINISMO PARA ADIANTE, MACHISMO PARA ATRÁS!!!

O 8 de marzo, en loita polos nosos dereitos!

O domingo 11 de marzo as mulleres galegas temos unha cita á que non podemos faltar.

O compromiso de loita feminista reclámanos para encher as rúas de Santiago de Compostela na defensa dos nosos dereitos como cidadás. As Fiadeiras estaremos presentes nesta convocatoria, vémonos ás 12,00h na estación de tren.

Alí estaremos. Para ir preparando motores, compartimos o manifesto elaborado por moitas compañeiras coas que tamén estaremos este día.

Por un 8 de marzo unitario!!!!!!!!!! Vémonos en Compostela!!!