Música

 “Canto”

Rebeca-Lane-Canto-38423_F300Rebeca Lane

2013


 

Rapeira guatemalteca. As súas letras caracterízanse por analizar os mandatos de xénero e por denunciar o xenocidio que aconteceu en Guatemala, entre outros temas sociais. Participou en eventos feministas e pisado escenarios Nel salvador, Nicaragua, México e Guatemala.
“O feito de que son feminista e anarquist, definitivamente é algo que sae nas letras e que eu tamén quero trasmitir e explicar, pois ás persoas que non lles interesan estes temas veno sistémicamente como caos, como unha loita innecesaria ou cousas inservibles para o sistema”.


“Na língua que eu falo”

Najla Shami


Cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait. Comeza a estudar e cantar con 9 anos, facendo parte de diversos coros polifónicos e formacións de música tradicional galega.

En 1997 decide estudar música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países coma Noruega, EUA, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España.

Gradualmente incorpora novas influencias na súa linguaxe, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz, e imprimen unha profunda pegada na súa evolución. Desta nova etapa xurde a colaboración co multiinstrumentista Sérgio Tannus no álbum Son Brasilego (Fol Música, 2012), a gravación do libro-disco e documental CoraSons (Kalandraka, Afrontamento, 2013) e a participación en festivais como “Estou Lá, Festival da Lusofonía” ou “Terra da Fraternidade, Homenaxe a Zeca Afonso”.

Xullo é o mes de lanzamento da súa estrea en solitario, o libro-disco Na lingua que eu falo (Galaxia, 2013), no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro. Unha selección de dez temas que reúne sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra. Un traballo no que a compositora galego-palestina procura o diálogo entre as súas orixes e as súas referencias actuais.

Máis información: Najla Shami


“Rosalía pequeniña”

Uxía Senlle


Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantareiras e un nutrido grupo de músicas/os.

“Como chove miudiño”, “Has de cantar” “Paseniño”, “Miña santiña, miña santasa”, “Alborada” ou “Maio longo” son algúns dos poemas musicados nun disco que inclúe tamén unha recreación do poema de Curros dedicado a Rosalía e que popularizou no seu día Luis Emilio Batallán.

Máis información: http://www.youtube.com/watch?v=q8FBRcOaOs8


“Djunta mô” (botar unha man)

Batuko Tabanka (2006)


“Djunta mô” é un proxecto que se remonta ao ano 2006, cando PAI Música coñece e escoita ás Batuko Tabanka, un  grupo de mulleres caboverdianas asentadas desde principios dos anos 70 en Burela.

Así foi como emprenderon unha viaxe conxunta, na que se fusionan dúas culturas,a galega e a caboverdiana. Parte da gravación realizouse en Cabo Verde, con cantantes moi representativos do panorama musical deste país africano aos que acompañan entre outras: Uxía, Mercedes Peon, Nácia Gomes, etc….

O ritmo das “batukadeiras”, ten un pasado ligado á música tradicional das escravas e escravos en Cabo Verde. Antes batendo no peito, e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas que recibe o nome de “batuko”.

Un CD con doce temas e un DVD que recolle: un concerto en Cabo Verde, video clips e unha reportaxe de como se realizou este traballo.

Máis información: Batuko Tabanka


“Cantigas de Mulleres”

Uxía, Sés, Guadi Galego, Marful, Ialma, …(2012)


Uxía Senlle coordinou este proxecto que lanza Fol Música e que compila 17 temas cantados, e nalgúns casos compostos por músicas galegas.

Con este disco reivindícase a importancia do papel da muller no noso panorama sonoro. “Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só voces transmisoras do que outros escriben….cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e entoan cántigas tecidas coas nosas emoción”, sinala Uxía na presentación do proxecto.

Inclúe cancións de UXIA, GUADI GALEGO, MARFULSÉS, MERCEDES PEON, IALMAROSA CEDRON e CRISTINA PATOSONDESEU, LEILIASUSANA SEIVANELOBALUSEÑORA CARMENDOA, MARIA MANUELAMONICA DE NUTFIA NA ROCAMALVELA.

O disco está dispoñible desde onte en plataformas de venda dixitais e mais en formato físico. Cun libreto en galego, castelán e inglés, a compilación quere chegar a un público internacional.


Temos muito por sachar

“Sacha na Horta” (2010)


Sacha na Horta é un grupo de mulleres que naceu unha noite de festa entre as hortas de Compostela no 2007.

Dende entón fóronse sucedendo os concertos (Pé na Estrada, Roi Xordo, Repercusión…) e a gravación do primeiro disco : Temos moito por sachar. Inclúe 6 pistas e foi gravado entre Ribeira, Padrón e Poio polo Dr. Chou.

Está colgado na páxina da Regueifa Plataforma para libre descarga.

A finais do 2009 incorpóranse a Sacha na Horta Alenya, Iseo e María, con moitas ganas e enerxía. No 2011, finalmente, volta Mané á banda para completar o cuarteto vocal de sachadoras actual.

Máis información:www.aregueifa.net


Muller

Soas é un proxecto que nace como a resolución dunha inquietude común a dúas mulleres músicas, Rosa Cedrón e Cristina Pato. Un proxecto que pretende acercar a música clásica a todo o público e amosar que a tradición galega está dotada dun rexistro tan amplio que permite a incorporación de elementos orquestrales dun modo natural e homoxéneo.

“Muller” é a primeira materialización dun pensamiento a largo plazo que pretende asomarnos a unha nova estética musical, na que cada detalle está coidadosa e elegantemente tratado tendo en conta a xenerosidade da nosa riqueza musical.

Máis información: http://www.soasmuller.com/


Animal de compañía

Silvia Penide (2012)


O quinto disco de Silvia Penide saíu a venda a finais do ano 2012. Animal de compañía está composto por dez temas nos que a cantautora, acompañada da súa banda Los Animales, amosa un son máis complexo e letras máis fondas.

Segundo Penide, o disco evoluíu a partir da pintura de Tapiés e do traballo musical do brasileiro Hermeto Pascoal. Gravado ao vivo nos estudios Abrigueiro, con produción de Arturo Vaquero e a propia Silvia Penide, o disco preséntouse ao público o 1 de decembro ás 18:30 no marco do Culturgal, en Pontevedra.

Máis información: www.silviapenide.com


Benzón

Guadi Galego (2009)

Guadi Galego é gaiteira, compositora e unha gran coñecedora da nosa tradición musical. A súa traxectoria é impresionante: cantante e gaiteira de Berrogüetto durante anos e en 2009 publica en solitario o seu primeiro disco titulado BENZON, una obra extraordinaria e sorprendente.

Como explica Gaudi, Benzón é o xeito que atopou para dalas grazas a todas as persoas ás que a teñen inspirado: ás músicas tradicionais, ás músicas de autor/a, as vivencias da música popular

Benzón(bendición),palabra galega en desuso, case unida á divinidade, é reverencia, é dalas grazas por unha boa colleita, grazas por unha pesca abundante, grazas en definitiva por algo que é recibido coma un agasallo, envolto cunha portada de ceos, ceos galegos, ceos universais para un disco especial que como tal non vai ser tocado en directo, non haberá xira nin concertos. En realidade Benzón é un regalo para todo o que o escoita”

 Máis información: www.guadigalego.com

 Vente vindo

Fía na Roca (2007)

É un grupo musical galego que naceu en 1990, da man de Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bueno, que nese ano decidiron xuntarse para crear música con influencias folk, rock, jazz e de novas músicas. No 2007 editouse o seu quinto e útlimo traballo discográfico chamado Vente vindo, este disco dá un golpe de timón no rumbo da banda, que despois de tres discos de estudio e un ao vivo, fundamentalmente instrumentais, representa por primeira vez unha maioría de pezas cantadas -todas elas en galego- e baseadas principalmente en fontes tradicionais. Coa voz de Sonia Lebedynski, Fía na roca reinvéntase sen imitar fórmulas comerciais nen estándares de éxito.

Nesta nova andaina, a estrela do grupo é Sonia Lebedynski vocalista e coreógrafa, sen dúbida unha muller polifacética. O seu contacto coa música comeza aos sete anos iniciando os seus estudios musicais de canto. No ámbito artístico desenvólvese dende os seus comezos na música Folk, tendo algún contacto tamén con outras músicas como o funky ou clásica. Ademais é Mestra de Educación Músical e Pedagoga impartindo ademáis cursos de canto por diversos puntos da xeografía galega.

Máis información: Fía na roca

SOS

Autora: Mercedes Peón  (2010)

Mercedes Peón está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual.

A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirrítmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.
Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué.

A finais do 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico …—… (Sós), música de vangarda., catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual, amósanos unha evolución ou un momento da súa carreira especialmente brillante. Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma, …—… , é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento.

Dende Fiadeiras queremos recomendarvos este dico, sen dúbida un claro exemplo do que significa crecer, reinventar e superar.

Máis información: www.mercedespeon.es

_____________________________________________________________________________

Autoras: Leilía (2011)

Leilía nace no ano 89, da man de seis mulleres, que cunha aposta pioneira e atrevida, se propuxeron recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Ao son de pandeiretas e voces, pronto agromaron os froitos, grazas á singularidade e beleza da música de raíz.

Ás portas do 2012 e tras dous anos de intenso traballo chea o seu quinto traballo “Consentimento” un álbum con imaxes musicais e novas sensacións sempre reinventadas.

Baseado en traballos de recopilación folclórica, trátase, sen dúbida, dunha homenaxe as mulleres galegas, como creadoras e responsables da tradición oral. En definitiva, música de mulleres que cheira a terra, respectuosas do pasado pero cunha visión cara o futuro.

Desde Fiadeiras queremos recomendar que escoitedes Consentimento, un  traballo onde as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio

Máis información: leilia.net


Autora: Uxía (2011)

Meu Canto é unha relectura dos temas fundamentais do repertorio en directo de Uxía e temas que ata agora nunca tiña abordado. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz.

Uxía ten unha voz fermosa e serena que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.

Meu Canto porque a maioría das cancións conteñen a palabra canto porque este disco é unha reflexión sobre o acto de cantar, as emocións que provoca, a voz, a esencia…

Uxía sigue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi grabado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro. A escolla non foi casual, abordar este novo reto coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (productor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, tamén escoitamos Os Teus Ollos xunto con Lenine, toda unha garantía para palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do seu ser, da súa alma.

Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da nosa lingua. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.

Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca. Unha voz que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos imemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.

Desde Fiadeiras propoñémosche que disfrutes con este magnífico traballo de Uxía, unha muller que leva moitos anos poñendo voz a sentimentos e cuestións nas que todas nos sabemos recoñecidas.

Máis información: www.uxia.net


Autora: Ugía Pedreira (2011)

Ugía Pedreira é xa unha artista e compositora consolidada no panorama artístico galego. É unha das caras visibles de proxectos musicais xa coñecidos como Nordestin@s, Ecléctica Esemble ou Marful, entre outros. Fred Martins xa ten publicados catro discos como cantor e compositor. Os seus temas foron gravados por artistas universais do Brasil como Ney Matogrosso, María Rita ou Zélia Duncan.

Xuntos crearon este disco de autor con composicións orixinais e propias de ambos que é lanzado como un exercicio de verticalidade, é dicir, como unha obra que se mira cara dentro e se identifica có sinxelo, o íntimo e o reducido mostrando sen demostrar. Trátase, pois, dun traballo que navega entre os dous extremos que delimita a sensibilidade e a forza.

A palabra é o único vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saúdan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder absoluto en todas estas composicións engalanadas coa música. “Acróbata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular Brasileira (MPG) coa Música Popular Galega (MPG).

“’Acróbata’ é orballo quente de verán, chuvia lenta que abona. É un disco feito para fantasiar, para soñar en branco e negro e cor. As cancións voan e teñen a súa propia autonomía”, afirma Pedreira.

Dende Fiadeiras queremos recoñecer a gran labor de mulleres como Ugia, por iso recomendamos escoitar este o seu disco feito para fantasiar.

Máis información: http://escoita.me/acrobata/


Cantante: Sés

Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario

O primeiro disco de Sés está sendo todo un éxito: logo de oito meses no mercado, xa están a piques de esgotarse as 1.000 unidades tiradas na primeira edición de Admirando a condición, publicado en xullo de 2011.

María Xosé Silvar colaborou este ano na campaña ‘Cambia de papel’, unha iniciativa da ONGD Implicadas no Desenvolvemento coa que pretenden gañar apoios e concienciar á sociedade sobre as inxustizas e desigualdades que sofren millóns de mulleres do Sur, en países como a India.

Porque dende Fiadeiras apoiamos a música de mulleres galegas convidámoste a escoitar e bailar cos sons desta muller nova coruñesa chamada Sés.

Máis Información: mariaxosesilvar.com