Literatura


” Detrás de la pared”

Unha mirada multidisciplinar sobre os nenos, as nenas e as/os adolescentes expostos á violencia de xénero. Sofía Czalbowski (coord.) Desclée de Brower. 2015. Educación social, traballo social, psicoloxía, violencia.imagesAutoras desta obra colectiva:

Sofía Czalbowski
Lola Aguilar
Elizabeth Alvarado
MIriam Lucas
Beatriz Atenciano
Carolina Jiménez
Liliana Orjuela
Antonio Escudero
Nuria de la Osa
Lourdes Ezpeleta

O título deste libro Detrás de la pared está inspirado nunha canción de Tracy Chapman “Behind the wall” onde a voz protagonista é a dunha crianza que escoita, vive e sofre a violencia na súa casa. Lola Aguilar, unha das autoras, estivo na Libraría Lila o 29 de maio presentando este libro, para nós xa imprescindíbel no eido da educación con menores. Nel abórdase o tema desde diversos ámbitos: a psicoloxía, o dereito ou o ámbito sanitario. A violencia de xénero provoca tamén, e indiscutibelmente, violencia sobre as nenas, nenos e adolescentes que conviven co agresor. Este sufrimento comeza mesmo antes de nacer, e mantense unha vez remata a convivencia con el. Se non se actúa directamente con estas vítimas, ao igual que sobre as mulleres, non se van recuperar nunca das secuelas que deixa sobre elas. Esta obra supón o primeiro estudo, en lingua castelá, que se fai dun xeito tan completo onde se plantexa o tema desde o marco teórico mais tamén desde a práctica de moitas profesionais (psicólogas, pediatras, etc) que teñen anos de traxectoria. Aporta recursos e dinámicas para as intervencións terapéuticas con menores.  

No seguinte enlace podedes consultar o índice e ler algunhas páxinas. 

ÍNDICE dETRÁS DE LA PARED

O PVP do libro son 24€

Ano de edición: 2015

Páxinas: 416

Editorial: Desclèe de Brouwer

 

———————————————————————-

“O Clítoris e os seus segredos”

Unidade de Igualdade. Universidade de Vigo


A guía didáctica que aquí se presenta, O clítoris e os seus segredos, foi a gañadora do I Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo Ferrín Moreiras». O obxectivo da presente guía didáctica, O clítoris e os seus segredos,é aproximar a mocidade, especialmente o alumnado da materia de Sexualidade e Saúde–impartida no 4.o curso do Grao de Educación Social da Universidade de Vigo–, e en xeral atodas aquelas persoas interesadas, ao coñecemento da sexualidade das mulleres, no marco dun modelo de educación sexual integrador que, ademais de superar as limitacións dun modelo de riscos, se orienta á promoción da sexualidade nas súas dimensións de identidade e pracer (Lameiras, Carrera e Rodríguez, 2013; Lameiras e Carrera, 2009).

Entre os obxectivos específicos deste material podemos destacar a necesidade de promover o coñecemento da sexualidade das mulleres e fomentar actitudes positivas cara esta, visibilizar o clítoris como principal órgano de pracer, así como dar a coñecer e lexitimar o dereito das mulleres ao seu propio gozo e satisfacción sexual; e en definitiva, contribuír á construción da igualdade, ao tempo que se fomenta unha actitude reflexiva e crítica cara

Para conseguir estes obxectivos utilizamos unha metodoloxía construtivista e innovadora: é o clítoris, como protagonista desta guía, quen relata de viva voz a súa historia e experiencias, o que fai deste recurso unha guía especialmente atractiva e novidosa para facilitar unha aprendizaxe significativa.

Máis información: El Clítoris y sus secretos


“La coeducación y la gestión de la diversidad en las aulas”
Autoras: Joana Bou, Lidia Casanovas, Sara Carro y Neus Andreu Monsech.


Esta guía ten a vontade de aproximarnos a unha maior comprensión das dinámicas de discriminación en xeral, poñendo a énfase na discriminación derivada do sistema sexo-xénero.

Ao mesmo tempo que propón algunhas ferramentas e reflexións útiles para facilitar e converter momentos de dano potencial en oportunidades para crecer e construír comunidades profundamente democráticas. Nos últimos capítulos tamén encontraredes accións concretas que pódense levar a cabo para educar con perspectiva de xénero.

Amosa unha actitude de benvida á diversidade, unha mirada respectuosa cara á nena ou o neno e a xente nova, e á vez, os xestos e políticas concretas de coeducación dentro do centro escolar, como claves da transformación que a escola do século XXI necesita.

Máis información: “La coeducación y la gestión de la diversidad en las aulas”


” Ortigas”

Xiana Arias Rego (2007)


Xiana Arias Rego (A Fonsagrada, 1983) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago e na actualidade traballa como xornalista no “Diario Cultural” da Radio Galega.

Ortigas é o poemario gañador da XIX edición do “Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé” convocado polo CMI Unidade de Fene coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Fene e a editorial “Espiral Maior”.

O libro está dividido en sete apartados, mais hai unha medula que percorre todo o espiñazo, a presenza das “lauras”, unha sorte de sinécdoque das mulleres como vítimas da violencia machista.

No eido formal a poeta cultiva breves poemas en prosa, aínda que a narratividade está sempre presente até nas composición máis líricas, adoito en estruturas dialóxicas e continuas obxectualizacións do cotián. Dialéctica, narratividade, tensión dramática e teima por fuxir do convencionalismo caracterizan unha lectura para a reflexión.

Máis información: Xiana Arias


“Colección a Igualdade Conta” (2)

Autoras Cristina Justo e Paloma Rodríguez. Ilustradora Spela Trobec (2013)


No mes de Abril presentáronse en A Coruña tres novos títulos da Colección ” A igualdade Conta”.

“Teño dúas casas” trata dos novos modelos de familia e introduce a nenos e nenas no respecto e comprensión destes novos modelos.

 “Iriña bailarina” trata dos estereotipos de xénero asociados aos xogos, mediante a historia dunha bailarina de caixiña de música que quere xogar ao futbolín e piratas de xoguete que queren substituíla na súa caixa.

Por último “Cánto te quero, profe” trata dos estereotipos de xénero nas profesións e conta a historia dun profesor de educación infantil, invertindo roles e estereotipos asociados tradicionalmente a homes e mulleres.

Transversalmente en todos os títulos da colección se traballa en modelos igualitarios de relación, corresponsabilidade e participación.

Máis información: Edicións Embora


“Feminismos”

Olga Castro e María Reimondez (2013)


Feminismos é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo.

O libro presentarase o vindeiro 3 de abril na Libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela.

Máis información: Editorial Xerais


“Calibán y la bruja. Mujeres, cuerpo y acumulación originaria”

A autora, realiza a través desta obra una análise exhaustivo e feminista da queima das meigas. Non solo desentraña un dos capítulos máis inexplicables da historia moderna da humanidade, senón que tamén fai referencia á poderosa dinámica de expropiación social dirixida sobre o corpo, os saberes e a reprodución das mulleres.

Silvia Federici é profesora na Hofstra University de Nueva York. Militante feminista desde 1960, foi unha das principais animadoras dos debates internacionais sobre a condición e a remuneración do traballo doméstico.

Máis información:http://www.traficantes.net


“A la deriva por los circuitos de la precariedad femenina”

Colectivo Precarias a la deriva (2007)


Este é un proxecto de coinvestigación entre distintas mulleres feministas, é o resultado dunha traxectoria de investigación-acción sobre a precarización das mulleres. Trátase dun conxunto dislocado e aberto de relatos, diarios e apuntes, nacido dunha interrogación mutua e crítica sobre os nosos cotiás. O libro organízase en 5 apartados: proceso, diarios de viaxe, conversas, relatos precarios e apuntes de un pensar en proceso.

Máis información: www.femiteca.com


Colección “A Igualdade conta”

Cristina Justo e Paloma Rodríguez (2010)

images

 

A colección “A igualdade conta” de Edicións Embora, trata de achegar a nenos e maiores a problemática da desigualdade por medio das historias de Cristina Justo e Paloma Rodríguez (consultoras en igualdade) e os deseños de Spela Trobec, artista eslovena residente en Ferrol.

“No país dos mandóns” uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. Co cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

“O segredo de Flora” consiste en atopar un modo de combater a violencia, e este marabilloso relato sérvenos para explicarlles así a cativas e cativos que a violencia é intolerable en todas as súas manifestacións.

En “A urna dos desexos”, Clara, aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir quen vai gobernar metendo un papeliño nunha urna, ademais de reivindicar a figura da mítica Clara Campoamor, que conseguiu o voto para as mulleres do noso país. Un xeito sinxelo de ensinarlles a nenos e nenas en que consiste a democracia representativa e a paridade.

Dende Fiadeiras recomendamos esta colección que sen dúbida debería estar presente en todas as casas e colexios

 

Meu pai vaite matar

María Xosé Queizán (2010)

Este é o título da última novela de María Xosé Queizán, unha figura moi relevante no movemento feminista.

O libro conta como tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará. A tía Lola, a irmá solteira da nai de Diana, agocha no seu caserío de pedra os vestixios do que fora unha familia de certo avoengo. Entre aquelas antigallas, Diana atopará algunhas pistas que a levarán a emprender unha viaxe ata Patagonia, na Arxentina, na procura do seu tío Moncho.

Meu pai vaite matar é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego.

A violencia de xénero e a represión da muller sometida a una dominación masculina son dous eixes sobre os cales se asenta a trama. As fiadeiras queremos recomendarvos esta lectura neste mes de novembro cando se conmemora o Día Internación contra a Violencia de Xénero.

Máis información: Meu pai vaite matar