Cine

 “Violette Leduc. A gran esquecida”

Violette-249957136-mainMartin Provost (Director)

Francia. 2013


Amiga de Simone de Beauvoir, gañadora do Premio Goncourt coa súa novela La bastarda (1964), que se converteu nun best-seller da súa época, á escritora Violette Leduc non lle perdoaron que cruzase certas fronteiras prohibidas a unha muller e a condenaron ao esquecemento. Ela foi a primeira que escribiu publicamente que abortara, falou da súa identidade sexual, da homosexualidade, dos seus amores lésbicos no colexio, do erotismo… Todo iso, na sociedade europea patriarcal e machista, puido moito máis que os seus éxitos literarios, que foron varios.


“Yo decido. El Tren de la libertad. Documental”

imagesXa está dispoñible en internet o documental do colectivo de mulleres cineastas contra a reforma da lei do aborto.  Trátase dun documental dinámico, intelixente, alegre, batallador, que sabe explicar xusto o que hai que explicar, e transmitir o esencial do contido da xornada do 1 de febreiro de 2014 en Madrid, a maior manifestación feminista da historia de España.

Podedes velo en liña ou descargarlo libremente para proxectalo onde quedares: asociacións, reunións, centros educativos, etc.

Máis información: El tren de la libertad


 “1977”

Peque Varela (Directora)

Duración: 8′ 24´´


Peque Varela naceu en Ferrol 1977. Radicada en Londres, graduouse como Directora de Animación en National Film and Television School.

Desde o ano 2005 traballa como directora e animadora independente en publicidade.

A súa curtametraxe de graduación ‘1977’, cóntanos a historia das dificultades polas que pasa unha nena que sae da normativa de xénero.

Segundo a mesma directora que “Traté de desarrollar experiencias que tuve de pequeña… Cuando iba con mi bicicleta rosa y me llamaban marimacho”. La niña que protagoniza la historia “crece con desprecios”, pero consigue ”abandonar el rol que la sociedad prepara para la mujer”.

A curta recibiu 15 premios internacionais e participou na competencia oficial de prestixiosos festivais como Sundance Film Festival e Clermont-Ferrand Film Festival.

Máis información: Peque Varela


“Dez centímetros máis perto do ceo”

Raquel Rei (Directora)

Duración: 25 min.


Neste documental os tacóns convírtense na metáfora que convida a reflexionar acerca do modelo de muller que o patriarcado foi artellando e que nos tacóns atopa unha expresión mais da feminidade hexemónica.

De todos os elementos que se identifican coas mulleres na nosa sociedade occidental, probablemente os zapatos de tacón están entre os máis significativos. E aínda que non podemos entrevistalos que pasaría se convertésemos aos tacóns nos protagonistas dunha película? Dez centímetros mais perto do Ceo exponse como un documental reflexivo de quen mira uns zapatos de tacón e ve unha oportunidade para falar sobre a construción do xénero. Da man da propia directora e acompañada por unha deseñadora de calzado, un podólogo, un deseñador de moda, unha activista feminista, dúas ex-traballadoras do sexo e unha socióloga, o documental emprende unha viaxe para entender por que para ser máis guapas e máis femininas temos que usar tacóns?

Xunto coa poeta Andrea Nunes, Raquel Rei compón o proxecto de creación audiovisual e poética “As Candongas do Quilombo”.


“Las Constituyentes”

Olivia Acosta (2011)


Documental sobre as 27 mulleres, deputadas e senadoras, que desde o seu traballo parlamentario na lexislatura constituínte de 1977, foron protagonistas do cambio político cara a democracia en España. A través da experiencia persoal destas pioneiras, cóntase unha parte apaixonante da historia da participación política das mulleres en España, e se analiza a situación actual, xa que o documental recolle tamén o encontro entre deputadas e políticas actuais con algunhas das mulleres constituíntes, nun intenso debate.

Un traballo audiovisual inédito e que desborda actualidade.

Máis información: http://www.lasconstituyentes.com/


Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

Zaza Ceballos (2011)


É unha longametraxe galega para televisión, producida no ano 2011. É unha biografía sobre Emilia Pardo Bazán e foi estreada o 28 de setembro no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

Autora de obras tan emblemáticas da literatura galega en lingua castelá como Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza, foi pioneira en moitas facetas, foi a primeira muller en España que desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas na prensa española e internacional.

A trama arranca tras a publicación da novela La Tribuna e o volume La cuestión palpitante, cando a polémica explota nos círculos conservadores. É nese momento cando Emilia Pardo Bazán decide dedicar a súa vida á literatura.O obxectivo do filme é recoller todos os elementos que conformaron a vida e a obra de Pardo Bazán, intentando ser o más fiel posíbel á realidade.

A directora do filme, Zaza Ceballos, explicou que tres personaxes fundamentais do século XX, que “casualmente eran tres mulleres galegas e coetáneas”, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Concepción Arenal, fixérona idear unha especie de triloxía que inaugura a autora coruñesa.


“Antonia’s line”

Marleen Gorris (1995)

Esta película, descrita pola súa directora como “un conto de fadas feminista” conta a historia de Antonia, quen, despois de regresar ao anónimo podo holandés do seu nacemento, establece e cultiva unha comunidade matriarcal moi unida, polo que as mulleres serán os carácteres principais de Antonia’s live.

Marller Gorris ambienta a historia destas mulleres nun mundo que cabalga entre a fantasía e a realidade, un mundo no que os seres vivos falan cos mortos e que a directora recrea nun pobo como o que naceu cheo de personaxes estrañas. A película cobre un abanico de temas que van desde a morte e relixión ao sexo, intimidade, lesbianismo, amizade e amor.

Antonia`s live gañou o Premio da Academia de 1996 por Mellor Película Estranxeira, o Premio People’s Choice e o Festiva Internacional de cine de Toronto. De seguro unha película que non vai deixar indiferente a ninguén.

Concepción Arenal, a visitadora de cárceres

Laura Mañà (2012)

Duración: 80 minutos

A mediados do século XIX a avogada e escritora Concepción Arenal traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres de A Coruña, o que daría froito a algunhas das súas obras clave. Os seus escritos servirían de base para a reforma do sistema penitenciario en España.

A obra social e ensaística desta avogada, activista e precursora do feminismo, marcou un antes e un despois no sistema penitenciario do noso país e obtivo un enorme eco na Europa del XIX. A súa loita a favor dos dereitos humanos logrou cambiar a perspectiva da sociedade sobre as persoas máis desfavorecidas e mellorar as súas duras condicións de vida.

“Concepción Arenal, la visitadora de cárceles” recolle esta etapa da vida de Concepción Arenal como visitadora de cárceles de mulleres e rescata a esta figura fundamental na historia do século XIX. En pleno século XIX, nun contexto no que as execucións aínda son motivo de escarnio público e as persoas presas carecen de todo dereito, Concepción Arenal é nomeada visitadora de cárceres de mulleres. É na prisión de A Coruña onde Arenal empeza a súa loita para mellorar as condiciones de vida das presas y poñer en marcha a reforma das institucións penitenciarias.

Sen dúbida unha gran obra biográfica, onde unha vez máis a directora Laura Mañá, nos axuda a entender o papel activo dunha muller que conseguiu cambiar a realidade.

 Máis información: Concepción Arenal

Tralas luces

Sandra Sánchez (2011)


Tralas luces” é a historia dunha viaxe. A viaxe de Lurdes, unha feriante que recorre na súa caravana as estradas do norte de España xunto  á súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas. Fai anos, a pista era o seu gran soño. Metéronse en gastos e fundaron unha familia, pero os soños teñen vida propia. Lurdes afógase nas súas e ninguén se decata. A través de estradas, pobos e aldeas, descubriremos un mundo en perigo de extinción, unha vida itinerante, e sobre todo, unha gran historia de amor e de pérdida.


 

“Sempre foron cinco”

Asociación para a Cooperación co Sur Las Segovias (ACSUR)(2011)

Duración: 15 minutos

Fantástica curta realizada por persoas e colectivos galegos, vinculados á promoción da economía solidaria, no marco da realización de cursos de vídeo participativo que se desenvolven no proxecto “Unha Economía para o Desenvolvemento” impulsado por ACSUR coa financiación da Xunta de Galicia.

É, sen dúbida, un homenaxe ás avoas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

Dende Fiadeiras queremos convidarvos a ver esta curta que seguro nos é máis familiar do que pensamos…

Máis información: http://vimeo.com/23319519


                            Directora: Sonia Méndez (2011)                          

Duración: Curtametraxe de 15 minutos


Gravada en versión orixinal galega, Conversa cunha muller morta aborda o drama da violencia de xénero desde unha perspectiva estética máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social, dándolles voz ás súas vítimas a través da súa protagonista: Elena, unha muller asasinada polo seu home que regresa ao mundo dos vivos para enfrontarse ao seu verdugo e buscar explicación ao inexplicable.

Luís, o asasino, acaba de saír do cárcere despois de cumprir 15 anos de condena e, de volta na casa que compartía con Elena, esta aparéceselle para lle ofrecer unha oportunidade de salvación: no “máis alá” a xustiza dos humanos non será suficiente, a non ser que lle dea un motivo polo cal cometeu o crime.

Como explica a súa directora, Conversa cunha muller morta quere ser unha homenaxe a “todas as mulleres que sufriron e sofren a violencia de xénero” e un modo de lles “dar voz ás que xa non poderán contarnos a súa historia”. Nas súas nota de dirección, Sonia Méndez especifica que, neste sentido, o guión partiu do intento de responder unha única cuestión que, á súa vez, deu pé a outras moitas preguntas: “Que sucedería se unha vítima mortal por violencia de xénero puidese ‘volver’ e ter unha conversa co seu asasino e parella no pasado?”. Así, e sempre desde a premisa de abordar esta temática co máximo coidado, a realizadora procurou un marco ficcional “respectuoso, directo e efectivo” que pon o foco sobre esta conversa vítima-verdugo e non sobre a visualización do crime ou da violencia pasada.

Esta é cuarta curta asinada por Sonia Méndez (Vigo, 1980), directora e actriz de teatro, cine e televisión, que nestes momentos traballa no desenvolvemento da súa primeira longametraxe coa produtora Xamalú Films, ademais de ser creadora, guionista e intérprete da serie en liña Angélica e Roberta, xunto a Sandra Lesta. Na súa filmografía como directora figuran tamén as curtametraxes Perversa Lola (2008), Leo e Mario [déixanse] (2010) e As damas negras (2010), premio na categoría EOS Movies do Kaohsiung Film Festival de Taiwan.

Dende Fiadeiras convidámosvos a achegarvos ao sentir dunha muller víctima mortal da violencia de xénero a través deste magnífico traballo da cineasta galega Sonia Méndez.

Máis información: http://soniamendezalonso.wix.com/actrizyrealizadora



Directora: Patricia Ferreira (2010)

Duración: 88 minutos

 “Señora de” é un documental que mostra as testemuñas de varias xeración de mulleres que a historia nin sequera lles permitiu soñar. O único que puideron facer foi resignarse e aceptar que naceron e creceron noutra época na que as súas voces, os seus desexos e incluso os seus pensamentos foron silenciados.

As testemuñas recollidas en “Señora de” son variadas e mostran un amplo espectro de mulleres de diferentes clases sociais e con diferentes tipos de educación. Mulleres da cidade e do campo, do mar e de terra adentro, que se enfrontan os seus recordos e falan por primeira vez do que foi a súa vida, dunhas formas de vida que hoxe resultan intolerables na nosa sociedade occidental e desenvolvida, pero que constituían a vida das mulleres de Galicia e na recente historia de España.

Dende Fiadeiras recomendamos este documental porque vemos necesario visibilizar a represión que sufriron moitas mulleres en épocas pasadas de forma que axude a comprender mellor o momento presente.

Máis información: www.cimamujerescineastas.es


Directora, Guionista e Co-produtora: Aurora Marco  (2011)

Duración: 66 minutos


As Silenciadas é un documental histórico sobre as Historias de vida de moitas mulleres que viviron na clandestinidade e foron represaliadas por defenderen a liberdade.

Este documental recibiu o premio ao mellor documental no Mestre Mateo, o premio no III Festival Internacional de Cine e Dereitos Humáns de Sta Coloma de Gramenet e tamén foi finalista do III Certame de Cine Documental Memoria Rural de Sta Cruz de Moya (Cuenca).

Porque dende Fiadeiras avogamos pola visibilidade das contribucións das mulleres galegas á nosa Historia, recomendamos o seu visionado esperando que vos guste.

Máis Información: silenciadas.com