Quén somos

fiadeiras completasFormamos parte do Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras, educadoras sociais que traballamos desde distintos eidos a prol da igualdade entre mulleres e homes.

Fiadeiras somos:

  • Eva Bastón Martínez (condutas aditivas)
  • Natalia Domínguez Galán (igualdade e sexualidade)
  • Noelia Darriba García (iniciativa privada)
  • Isabel Taboada Mougán (igualdade e orientación laboral)
  • Tania Merelas Iglesias (investigación de xénero)
  • Maite Sío Docampo (intervención familiar)
  • Raquel López Fernández (educación social na escola)
  • Sofía Riveiro Olveira (co-fundadora e antiga compoñente de Fiadeiras, non está na foto)

Fiadeiras conta ademais co asesoramento dunha mentora, Ana Iglesias Galdo e co apoio dunha madriña, Patricia de Lorenzo.

Ana Iglesias Galdo.

Durante 16 anos traballa como educadora social en dous centros educativos de titularidade pública destinados a menores en conflito social. Na actualidade é a decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña na que exerce como profesora e onde imparte, entre outras materias, “Xénero e educación”.

Patricia de Lorenzo.

Muller emancipada desde os 19 anos, cando empezou a traballar como actriz profesional, desenvolvendo a súa actividade entre o teatro e a dobraxe. Tamén ten participado en series de televisión e cine. Desde o ano 2007 adícase exclusivamente a Chévere, compañía de teatro coa que entrou en contacto no ano 1994. Actualmente realiza traballos teatrais de diferentes características, entre os que destacan proxectos como “I’ll be watching you (hei estar vixiándote)” na liña de teatro con perspectiva de xénero ou “Citizen” traballo polo que recibiu varios premios.