Plan de Traballo 2016

Plan de Traballo 2016. Grupo de traballo Fiadeiras

Obxectivos estratéxicos

  • Comprometer a praxe do CEESG co feminismo e a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
  • Situar a igualdade de xénero como valor central da práctica educadora.
  • Crear un espazo de encontro, reflexión e auto-formación entre educadoras e educadores comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.
  • Denunciar as discriminacións que seguen a lastrar o desenvolvemento das mulleres, con especial atención ao que acontece na comunidade galega.

Áreas de Intervención

1. Comunicación e Difusión.
1.1. Xestión dos procesos de comunicación interna e externa.
1.2. Difusión e Promoción das accións planificadas desde o Grupo, especialmente da publicación Machismos: moito máis que micro.

2. Sensibilización/Reivindicación.
2.1. Promoción da igualdade dentro da profesión de Educador/a social.
2.2. Velar pola incorporación da perspectiva de xénero no quefacer profesional das/os educadoras/es sociais.
2.3. Denuncia activa ante as discriminacións de xénero.

3. Formación.
3.1.Velar pola incorporación da perspectiva de xénero nas diferentes accións formativas planificadas desde o Ceesg.
3.2. Deseño de accións formativas en materia de igualdade coa finalidade de mellorar a formación das/os educadoras/es sociais.
3.3.Coordinación con outras entidades para a participación do grupo en Seminarios, Xornadas, Encontros, Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas de igualdade e educación social.

4. Financiamento e xestión de recursos.
4.1. Busca de recursos económicos e materiais.
4.2. Busca de colaboracións con diversas entidades públicas e privadas.

Accións

  • De carácter formativo: encamiñadas a mellorar a formación das educadoras e educadores sociais en materia de igualdade entre mulleres e homes, integrando a perspectiva de xénero como elemento crítico do seu quefacer profesional:
    • Organización das Xuntanzas Auto-formativas Fiadeiras.
    • Actualización do apartado “Formación en Xénero” do blog e da web do Ceesg.
    • Participación de Fiadeiras no Congreso estatal de Educación en Sevilla.
    • Participación do Grupo Fiadeiras noutros Seminarios, Xornadas, Encontros, Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas do grupo. Estamos convidadas a participar na Semana da Educación da USC. O xoves 28 de xaneirona facultade de ciencias da educación do Campus Vida. Xestión dun Curso on-line sobre transexualidades e infancia en colaboración con Sexforum.
    • Coordinación con outras entidades que ofrecen formación nesta materia (facilitando información, descontos…).
    • II Curso “SON DE FIAR” para estudantes e profesionais do ámbito social e educativo.
  • De carácter reivindicativo: encamiñadas a denunciar discriminacións que permanecen activas e limitan as posibilidades de desenvolvemento das mulleres, prestando especial atención ao que acontece no contexto da comunidade galega.
    • Blogue Fiadeiras: “fiadeiras.blogaliza.org”.
    • Facebook Fiadeiras Ceesg.
    • Xira galega coa publicación “Machismos: de micro nada”
    • V Xornadas Educación social e Violencia de xénero.
    • Presenza comprometida en foros feministas (galegos, españois, internacionais) e Campañas de sensibilización coordinadas por outros colectivos.
  • De carácter lúdico-cultural: encamiñadas a fomentar a participación das mulleres na vida cultural e asociativa da comunidade, abrindo foros para debater e reflexionar sobre un mundo que non sexa masculino singular.
    • V Acto Aniversario Fiadeiras.
    • II Ciclo de Documentais do Ceesg (en colaboración cos diferentes grupos de traballo)
    • Actualización da Biblioteca do CEESG en materia de xénero, igualdade e feminismo.

Ademais, o grupo Fiadeiras comprométese a desenvolver o Mapa de Recursos e Profesiograma que se está a realizar de forma conxunta desde o Ceesg.