Coñécenos

O ámbito que centra o interese de traballo deste grupo “Fiadeiras” é a igualdade de xénero, é dicir, a ruptura de modelos arquetípicos que comportan desigualdade para as mulleres e seguen a frear os avances cara unha sociedade democrática e xusta.

Os valores fundamentais nos que cimentamos o noso traballo son a Igualdade, a Xustiza Social; a Sororidade e a Non violencia.

Os compromisos que asumimos como grupo de traballo céntranse en desenvolver actuacións relacionadas coa promoción da Corresponsabilidade e os Permisos de Maternidade e Paternidade Iguais e Intrasferibles; dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos;  dos Dereitos Laborais das mulleres; dos Novos Modelos de Familias; da Participación Social e Cultural das Mulleres; e a erradicación da violencia de xénero en tódalas súas manifestacións.

Para todo isto, é preciso dunha implicación social, por iso creamos esta ferramenta comunicativa e cantas outras nos poidan axudar a mellorar unha sociedade que precisa dunha revisión en clave feminista.

Agardamos que vos guste!