IV Xornadas Educación Social e Violencia de xénero

 

“Olladas feministas para transformar a vida cotiá”cartel A4

Desde Fiadeiras, Grupo de traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), entendemos que a Educación Social ten ferramentas moi útiles para traballar a prol da Igualdade de xénero: sensibilizando, informando, coeducando e levando a cabo proxectos que permitan convivir nunha sociedade libre de violencia machista, máis xusta e igualitaria.

 

Durante os catro últimos anos, Fiadeiras propón traballar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, organizando unhas xornadas baixo o lema “Educación social e Violencia de Xénero” que teñen como principal obxectivo sensibilizar e concienciar ao alumnado, das diferentes facultades galegas de Ciencias da Educación, sobre a necesidade de establecer boas prácticas dende a educación social para a eliminación de tódalas formas de violencia contra as mulleres.

O primeiro ano, 2011, organizáronse na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de A Coruña, baixo o lema ” I Xornadas de Educación social e Violencia de xénero: Boas prácticas para a súa erradicación”.

 

 O segundo ano transladámonos á facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, baixo o lema “II Xornadas de Educación e Violencia de Xénero. Sensibilizando”.

No ano 2013, a nosa proposta foi organizar as III Xornadas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o lema “III Xornadas de Educación Social e Violencia de xénero: Sexualidades desobedientes”.

Neste ano 2015, as IV Xornadas levan por título: “IV Xornadas Educación Social e Violencia de Xénero: Olladas Feministas para transformar a vida cotiá”.

Fotos das Xornadas:

10428074_10203992729513678_4426504116065017622_n

10404879_735016706616659_3000742997536241099_n11130254_472614109558976_163508367309981515_n10986955_472614309558956_4533444588802752154_n

 

Dous anos de andaina

Hai 162 anos, nacía, un día como hoxe, 16 de setembro, Emilia Pardo Bazán. Seguindo a súa senda feminista, así como a de moitas outras, naceu, fai dous anos, o Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras (dentro do Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia) coa ilusión de crear espazos para o encontro, reflexión e traballo profesional das educadoras e educadores sociais da nosa comunidade, encamiñados a romper os modelos sexistas, androcéntricos e paternalistas que seguen a frear, a día de hoxe, os avances cara unha sociedade democrática, xusta e feminista.

 

Para conmemorar estes dous anos de andaina feminista, temos preparado un encontro n Casa Museo Emilia Pardo Bazán de A Coruña onde presentaremos o documental “O liño, arte e cultura” e teremos unhas Conversas Feministas sobre os traballos do liño coas compañeiras da Asociación de Mulleres Rurais de Insua (Vilalba).

O evento terá lugar o vindeiro 3 de outubro de 2013 entre ás 17.00h e as 20.30h na Casa Museo Emilia Pardo Bazán, rúa das Tabernas no 11(tamén sede da Real Academia Galega), A Coruña.

Agardámoste para compartir e tecer redes que permitan mellorar o traballo en igualdade que hai séculos iniciaron outras compañeiras dende o feminismo. Queremos continuar a súa labor e non queremos facelo soas. En compañía, a tarefa de cambiar o mundo parece máis posible e real.

Grazas por compartir un ano máis con Fiadeiras.

Non esquezas confirmar a túa asistencia no seguinte enderezo electrónico:
fiadeiras@ceesg.org

Agradecementos II Ciclo de Cine feminista Fiadeiras

O pasado mércores, rematamos o II Ciclo de Cine e… realmente desde Fiadeiras pensamos que foi espectacular poder compartir con todas as persoas participantes estes tempos e espazos de feminismos.

GRAZAS A TODXS, pola vosa presencia, polas vosas palabras, pensamentos, visións, compromisos, experiencias compartidas, afectos, vontades, sobre todo pola vosa aposta polo achegamento ao feminismo e polo achegamento a sororidade entre mulleres. Porque sen todxs nos, algo así non podería ser posible.

Durante as tres sesións de cine foi un pracer poder levar o ciclo a un espazo tan comprometido co feminismo en Galicia como é a Libreria Lila, por iso, moitas grazas Patricia, pola túa axuda, apoio e colaboración neste II Ciclo.

Celebramos 1 ano de Lila from lila de lilith on Vimeo.

Tamén un pracer escoitar a Pilar Mingote con ese discurso tan cheo de emoción, denuncia e verdade. Unha muller entrañable e das que merecen ser recoñecidas xunto coas “Mulleres Intramuros”.

Te transladamos os nosos agradecementos por participar no ciclo de cine e compartir connosco a túa experiencia, tan valiosa e comprometida. Parabéns e grazas polo traballo que estades a facer visibilizando as realidades das mulleres nas prisións.

Máis información en : http://chicass10.blogspot.com.es/p/nosotras-intramuros.html

A todas as Fiadeiras nos gustaría que as persoas que estiveches nas diferentes sesións nos enviárades os vosos comentarios sobre as mesmas.

Solo nos queda dicir, a polo III Ciclo de Cine Feminista Fiadeiras o ano que ven!!!