IV Xornadas Educación Social e Violencia de xénero

 

“Olladas feministas para transformar a vida cotiá”cartel A4

Desde Fiadeiras, Grupo de traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), entendemos que a Educación Social ten ferramentas moi útiles para traballar a prol da Igualdade de xénero: sensibilizando, informando, coeducando e levando a cabo proxectos que permitan convivir nunha sociedade libre de violencia machista, máis xusta e igualitaria.

 

Durante os catro últimos anos, Fiadeiras propón traballar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, organizando unhas xornadas baixo o lema “Educación social e Violencia de Xénero” que teñen como principal obxectivo sensibilizar e concienciar ao alumnado, das diferentes facultades galegas de Ciencias da Educación, sobre a necesidade de establecer boas prácticas dende a educación social para a eliminación de tódalas formas de violencia contra as mulleres.

O primeiro ano, 2011, organizáronse na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de A Coruña, baixo o lema ” I Xornadas de Educación social e Violencia de xénero: Boas prácticas para a súa erradicación”.

 

 O segundo ano transladámonos á facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, baixo o lema “II Xornadas de Educación e Violencia de Xénero. Sensibilizando”.

No ano 2013, a nosa proposta foi organizar as III Xornadas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o lema “III Xornadas de Educación Social e Violencia de xénero: Sexualidades desobedientes”.

Neste ano 2015, as IV Xornadas levan por título: “IV Xornadas Educación Social e Violencia de Xénero: Olladas Feministas para transformar a vida cotiá”.

Fotos das Xornadas:

10428074_10203992729513678_4426504116065017622_n

10404879_735016706616659_3000742997536241099_n11130254_472614109558976_163508367309981515_n10986955_472614309558956_4533444588802752154_n

 

II Xornadas de Educación e Violencia de xénero. Sensibilizando

O ano pasado, o día 30 de novembro, desde Fiadeiras poñiamos en marcha as I Xornadas de Educación e Violencia de xénero, na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña.

Un ano máis e continuando coa firme intención de sensibilizar e concienciar a toda a cidadanía sobre a eliminación de toda forma de violencia machista, o grupo de traballo en igualdade Fiadeiras, do Ceesg, xunto coa Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), presentámosvos estas II Xornadas de educación e violencia de xénero, nas que achegaremos interesantes experiencias e boas prácticas no marco do feminismo e a igualdade.

Será o día 5 de decembro na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo). De 16,30 a 20,30 horas. A entrada será de balde.

Nestas II Xornadas contaremos con:Ademais, teremos un peche artístico- social para coñecer a experiencia de traballo que se realiza desde o Teatro da Oprimida. Para iso contaremos co grupo GTO de A Coruña, que dinamizarán a peza titulada ” A viaxe de Ana”.

Ana é unha muller inmigrante que decide partir en busca dunha vida mellor. Unha viaxe longa e na súa maleta recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que só busca proveito propio na persoa estranxeira.

Unha peza de teatro forum creada polo GTO Corunha (Grupo de Teatro dx Oprimidx) pertencente ao programa «Trocando Peles II» un proxecto de sensibilización sobre xénero e migracións promovido por ACSUR Galiza, que pretende fomentar o coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria.

O teatro forum é unha das técnicas do Teatro dx Oprimidx, onde a barreira entre o escenario e a platea é destruída polo Dialogo. Cóntase unha escena baseada en feitos reais, na cal as personaxes oprimidas e opresoras entran en conflito, de xeito claro e obxectivo, na defensa dos seus desexos e intereses. No enfrontamento, a oprimida fracasa e o público é estimulado, pola Curinga (a facilitadora do Teatro dx Oprimidx), a entrar en escena, substituír a protagonista (a oprimida) e buscar alternativas para o problema que se acaba de representar.

Animádevos a participar nas II Xornadas de Educación e Violencia de xénero!!!!

Agradecementos II Ciclo de Cine feminista Fiadeiras

O pasado mércores, rematamos o II Ciclo de Cine e… realmente desde Fiadeiras pensamos que foi espectacular poder compartir con todas as persoas participantes estes tempos e espazos de feminismos.

GRAZAS A TODXS, pola vosa presencia, polas vosas palabras, pensamentos, visións, compromisos, experiencias compartidas, afectos, vontades, sobre todo pola vosa aposta polo achegamento ao feminismo e polo achegamento a sororidade entre mulleres. Porque sen todxs nos, algo así non podería ser posible.

Durante as tres sesións de cine foi un pracer poder levar o ciclo a un espazo tan comprometido co feminismo en Galicia como é a Libreria Lila, por iso, moitas grazas Patricia, pola túa axuda, apoio e colaboración neste II Ciclo.

Celebramos 1 ano de Lila from lila de lilith on Vimeo.

Tamén un pracer escoitar a Pilar Mingote con ese discurso tan cheo de emoción, denuncia e verdade. Unha muller entrañable e das que merecen ser recoñecidas xunto coas “Mulleres Intramuros”.

Te transladamos os nosos agradecementos por participar no ciclo de cine e compartir connosco a túa experiencia, tan valiosa e comprometida. Parabéns e grazas polo traballo que estades a facer visibilizando as realidades das mulleres nas prisións.

Máis información en : http://chicass10.blogspot.com.es/p/nosotras-intramuros.html

A todas as Fiadeiras nos gustaría que as persoas que estiveches nas diferentes sesións nos enviárades os vosos comentarios sobre as mesmas.

Solo nos queda dicir, a polo III Ciclo de Cine Feminista Fiadeiras o ano que ven!!!

Xornadas Ecofeministas: repensando a vida

Os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro de 2012 terá lugar en Compostela un encontro para a reflexión sobre o ecofeminismo en Galicia. Na organización destas Xornadas Ecofeministas: repensando a vida, participamos diferentes colectivos e asociacións comprometidas coa transición cara a un modelo de vida afastado do consumismo exacerbado e da produción sen límite.

A idea desta iniciativa é compartir redes para construír a resiliencia que precisamos na busca de alternativas ante a converxencia de crises mundiais. E, por riba de todo, trátase de visibilizar o traballo e a experiencia das mulleres como intanxible fundamental desta transición, porque son elas quen garanten o benestar e a vida por medio dos coidados que prestan desinteresadamente. Se as mulleres paran… para o mundo.

Convidámosvos a participar e aprender da cooperación necesaria entre o feminismo e o ecoloxismo, dúas forzas transformadoras para (re)pensar o mundo que vivimos e o futuro que queremos.

Agardámosvos!

O grupo Fiadeiras do Ceegs forma parte da organización destas xornadas. Pronto estará dispoñible o programa.