Que pensades do libro MACHISMOS DE MICRO NADA? (actividade de feedback)

Aproveitando que xa moitas de vós tendes nas vosas mans a publicación MACHISMOS DE MICRO NADA, dende Fiadeiras pensamos que este pode ser un bo momento para que nos fagades chegar as vosas OPINIÓNS, ACHEGAS, CRÍTICAS, MELLORAS sobre o libro.

Gústavos a idea?

Entre outras moitas cuestións, gustaríanos que nos comentarades, por exemplo:

  • O que máis e o que menos vos gusta do libro. Textos ou fragmentos que vos suscitan maior reflexión, etc.
  • Se estades a usar a publicación nos vosos traballos como educadoras sociais ou se desempeñades outras profesións. Onde? Como?
  • Se pensades que podería ser interesante ter este recurso no voso Concello, biblioteca municipal, no voso traballo…Onde?

Podedes escribir as vosas achegas como comentario no propio blogue ou mandalas ao noso enderezo fiadeiras@gmail.com.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

7 reflexións sobre “Que pensades do libro MACHISMOS DE MICRO NADA? (actividade de feedback)

  1. Hola, he podido participar en la presentación de vuestro libro en Vigo. Como he mencionado no puedo ver en mi ambito problemas de violencia de parte de hombres hacía la mujer. Entiendo que con eso tampoco puedo concluir que no lo hay. Pero entiendo que el gobierno destina una suma astronomica (en 2009 EUR 2.145.000.000) para el tema de la violencia de genero y como consequencia hay muchos intereses economicas. Como hombre me siento trata injusto por el hecho que en tantos sitios se manifiesta propaganda contra el machismo. Como si todos los hombres somos malos. Y eso todo con dinero publico donde con mis impuestos participo. Después frente las separaciones existe una desigualdad donde otra vez nosotros hombres tenemos que luchar para poder estar con nuestros hijos de misma forma como la mujer. Muchas mujeres no tienen escrupulos de demandar la islación del hijo de su padre y piden que cada segundo fin de semana pueden estar juntos (¡4 días para el hombre – 26 días para la mujer!). No para el bien del niño más para su bien economico.

    Como os entiendo a vosotras sois para la igualdad, pero en vuestro libro no lo veo reflejado (Ej página 14: “o feminismo como valor central da práctica educadora”). Se puede ler que hace 25 años Luis Bonino mencionó: “Os pequenos, case imperceptibles controis e abusos de poder case-normalizados que os varons (TODOS?) executan permanentemente”. Y en 2013 después de una reflexión nacio la idea del libro. No encuentro ningunas evidencias, datos o resultados de investigaciones. Pienso que se podría hacer el mismo libro sobre “Hembrismo: de micro nada”. De igual forma con los mismos bases viables.

    Todas las sociedades estan moviemdose. No niego que puede tener tratos inapropriados. Por su puesto estoy completamente en favor de la igualdad de genero, pero que lo sea en todo. Es Suiza hace 25 años en un pequeño canton las mujeres obtenieron el derecho de votar. Y aún hoy los salarios de las mujeres estan inferiores. Eso no esta bien pero esta en proceso de ser corregido. En España puede ser parecido. Hay que trabajar a llegar a la igualdad pero no veo bien si se aplica una polemica general para conseguirlo. No todos los hombres somos malos. El termino machismo causa más frición que ayuda a resolver.

    Si teneis datos sobre la violencia machista os agradezco si me lo podeis enviar. Gracias.

  2. Hola. Acabo de rematar de ler o libro: Encantoume!. Estiven revisando, e non son quen de escoller cál é o texto que máis me gustou: todos teñen algo: todos fan pensar, sentir, reflexionar…. polo menos a min, cada un deles chega moi adentro.
    Si quero empregar a publicación para traballar coas mulleres maiores, nos obradoiros de Animación á Lectura que imparto: Comecei brevemente o outro día falando do “Viaxe de negocios” (Sabela Núñez Singala), aproveitando para profundizar nos estereotipos, mitos, etc. Ao estar nun municipio do rural, con moi pouca poboación e moi envellecida, como é o rural galego, estes temas non se adoitan tratar moito, mais son esenciais! Foi pouquiño tempo, pero moi interesante, así que seguirei empregándoo (e contándovos).
    Na Asociación de Mulleres temos un dos libros, dos que collera na presentación en Ourense.
    Gran traballo: serio, reflexivo, feminista…. Só queda continuar tecendo redes e fiando xuntas. Parabens!!. Unha aperta.
    Bea (Beinha Gómez).

    • Moitas grazas polas túas verbas e por ter acompañado a Fiadeiras por esta xira que nos está a dar tanto, sobre todo, coñecer a xente coma ti. Encántanos a idea de que esteas a traballar o libro con mulleres maiores e ademais no ámbito rural. Seguimos en contacto. Apertas.

    • Ola Bea.
      Son Sabela Núñez Singala e quero agradecerche que botases man do miña pequeniña contribución a este gran libro que é “Machismos: de micro nada”.
      Faime moita ilusión saber que é útil, que che gusta e que nolo contes a través do blog de Fiadeiras.
      Moitas grazas a ti e a todas elas tamén. Un bico!

  3. Comprei o libro hai uns meses no stand da Lila de Lilith no Culturgal (non recordo se foi recomendación de Patri ou dalgunha amiga).
    Xa desde o principio, o libro pareceume tremendamente necesario e preciso; desde o prólogo de Ana Iglesias Galdo e a vosa introdución, até o epílogo de Lola Ferreiro o libro está cheo de recursos para ser empregados non só por educadoras sociais, senón por calquera persoa sexa cal sexa a súa profesión.
    Eu traballo nunha editorial, mais antes traballei repartindo mobles e tamén nunha fábrica. Nos tres
    lugares os recursos e ideas que aparecen neste libro son ben necesarios. Hai moi poucos oasis na sociedade onde o machismo non estea presente. Incluso as que, como di no libro Sofía Riveira, temos esas lentes violetas que nos permiten ver, ás veces temos que pasar pola oftalmóloga para que nolas gradúe. Este libro fai esa función; sácalle brillo as lentes para que vexamos aínda máis claramente, para que vexamos que vivimos nunha sociedade que ten un profundo déficit democrático, para que descubramos que moitas das mulleres que forman parte das nosas vidas sufriron abondo con algo que non é micro para nada, para que vexamos que hai moito que mudar (e o xeito de mudalo), para que vexamos que a violencia non pode graduala ninguén mais que quen a sente, para que vexamos que é tempo de non calar (de berrar e de molestar), para que vexamos que temos que estar en alerta constante, para que vexamos que o machismo pode ser moi sutil… Porén, cunhas consecuencias devastadoras que de micro, non teñen nada.
    De seguro que o empregarei no meu traballo, mais tamén na educación das miñas fillas e na miña relación coa sociedade. Seguro que xa non son a mesma persoa que en decembro pasou polo stand da Lila no Culturgal. Agora vexo moito mellor e máis claramente coas miñas lentes e sei que teño nun andel da casa este libro para ilas graduando a cada pouco.
    É un libro moi necesario, abofé.
    Parabéns!
    …e grazas por me graduar as lentes.

    • Moitas grazas polas túas verbas tan emotivas. É un verdadeiro pracer poder escoitar que un traballo de tanta sororidade, como é o libro Machismos de Micro nada, estea a xerar todas estas reflexións que ti nos contas. Apertas.

Os comentarios están pechados.